Boa viaxe

Ou Vuen biage, se se prefere, en castelhano, pois coma se non chegase co milleiro longo de quilómetros que rodei pola ghalleira adiante esta semana, como di o outro, mañá… sete cuncas ata acó.

asfalto.jpg

E malia ir acompañados de sete aparellos co bluetooth, pois nin o roaming de datos, a uns 900€ a baixada de 100MB, nin as prepago francesas, conformándose cuns poucos euros menos, son opcións a valorar, e así que se esvaeza a cobertura de vomistar e dubidando que aló haxa wifi, … voltaremos ao século XX.

E este blo nin queda en automático nin en reposo, nin con entradas programadas… isto é un blo e os blos non descansan, e onde non chega internet, non chega el, nin el, nin el, así que síntanse libres de comentar, insultar, ou spamear aquí, que o amo non está.

Por certo, se andan por aí na noite do venres para o sábado, denme leria, e agarden por un safe and sound antes de que se acabe o azul do mar, será bo sinal.

One thought on “Boa viaxe

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *