Faite un feed

Dunha das seccións da web do xornal máis relevante da nosa terra, a de chapuzas “made in” Galicia, copio e pego como sigue,

Desde hace tiempo, www.lavozdegalicia.es invita a todos los internautas a que envíen esas chapuzas que sirven para sonreír y denunciar. Y que retratan a esa Galicia que no sale ni en las postales ni en las fotos de vacaciones. Pero existe. Y es la más real.

E o máis real é que despois do diagnóstico de voces máis autorizadas que a miña, parece que o doente non dá sinais de melloría…

rss_icon.jpg

…e non lembra que o noso tempo non é infinito, coma o seu scroll, polo que non podemos ir comprobar, aos poucos, á súa páxina e ver se hai algunha novidade, senón que as novidades teñen que vir a nós como é que adoitaban facer e fan todos os que teñen interese en que alguén os lea, que para iso existe o RSS.

E, por certo, disque, se hai algo que non atopamos, hai que utilizar o mapa web, pero… u-la sección marítima?

5 thoughts on “Faite un feed

  1. …pois aproveitei agora para ler o “Aviso Legal” e non só queren que non a lean fora da web, senón tamén que nin a citen… (supoño que antes tampouco) …así que ó mellor… debemos obviala!

  2. Pingback: Apocalipse do porco » Está baixando a audiencia da Voz dixital?

  3. Non sei, a min iso de “participa”, “faite periodista”, “envíanos” (non opinións ou denuncias, senón fotos ou elementos informativos) paréceme unha tendencia algo parásita. Nas primeiras décadas do XX, os xornais pagaban uns cartos -poucos- ós avisadores de noticias, que logo redactaban os periodistas.

  4. Essa teima de que nem citem o web, chegando a boicotar serviços como o Google News, é pouco menos do que enfermiço. Algumas considerações:
    1.- Estes serviços, longe de restar visitas, aumentam-nas (que o comprovem nos logs, se fazem o favor).
    2.- Boa parte das notícias de LVG provêm de agências, assim que se queremos lê-las podemos fazê-las noutros webs; não são exclusivamente suas.
    3.- O usuário médio de LVG só mira a capa, concretamente as 3 ou 4 notícias mais importantes e a foto do dia. O resto de usuários, os que realmente interactuam com o sítio web, utilizam recursos como a carteleira de cinema, galerias fotográficas, inquéritos, etc., que de nenhuma forma lhe podem ‘roubar’ outros sítios.
    4.- Prescindir do RSS ou utilizá-lo de forma ineficiente só vai em prejuízo de um objectivo que todo meio digital deveria ter: a fidelização da audiência. Pôr travas é todo o contrário da fidelização.
    5.- Nos tempos que correm, ‘passar’ do RSS é estar ‘out’, em fora-de-jogo. Parece mentira que com a quantidade de profissionais qualificados que tem LVG ainda aconteçam estas cousas…

  5. Pingback: Rediseño de 2 periódicos importantes… y les quitan las RSS. “La Voz de Galicia” y “Faro de Vigo” | El blog de Jesús Amieiro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *