Nus in Frankrijk

30 Xullo 2007

Vimos de confirmar hoxe mesmo que a tunda, que imos levar este verán, vai ser duns oitocentos quilómetros, que é a distancia que hai desde acó ata un pobo das Landas, paraiso para os surfeiros e non tanto para os parrulos, coñecido polo seu camping naturista, que é o que nos leva aló.

Calvin, coma Hobbes

Despois de estar barallando diferentes posibilidades de viaxe e, antes de ter que quedar na casa, decidímonos, e á volta dun correo xa nos estaban a chamar ao telemóvel para confirmarnos que a reserva ía avante, pedirnos o número da visa, e lembrarnos que precisariamos dun carné da FNI, para o que teremos que renovar por terceira vez a nosa carte FFN, coma xa fixeramos noutras visitas.

Outra das curiosidades que relatou, ao teléfono e en inglés, foi que as linguas oficiais no centro son o francés e o neerlandés, que non está de máis lembrar para todos aqueles que nos intentan convencer da superioridade dunhas linguas sobre outras baseándose en número de falantes, facendo pouco útil aquilo de que non é o mesmo unha que permita facelo con tres millóns de persoas que outra que serve para falar con 400 millóns, pois desta, e dado o noso recoñecido analfabetismo en francés fóra das similitudes coa nosa lingua, vai ser máis práctico coñecer unha lingua falada por apenas vintedous millóns de persoas e que, como di un colega que sabe do que fala, sabendo inglés e alemán, o neerlandés é pataca minuta.

E para os que non lles vai o do nudismo e si a fotografía, dicir que este centro é tamén coñecido por unha das fotografías de Yann Arthus-Bertrand, un francés recoñecido polos seus traballos e os seus proxectos, segundo as súas propias palabras, testemuñando a través da fotografía que o noso planeta é arte,

Arnaoutchot

como esta tirada no camping no que andaremos nuns días e roubada de aquí, a Terra desde arriba

Foron 4 que dixeron... to “Nus in Frankrijk”

  1. ghanito Says:

    Levade a crema protectora da casa, que igual alí non sodes quen de mercala e hai unha desgaraza. :lol:

  2. leco Says:

    Hahahaha, semella talmente unha ración de gambas!!!

  3. opaco Says:

    hahahhaha marchando unha ración

    iso sempre ghanito, anque coñecéndoo… ;) seica os humanos temos, en maior ou en menor medida, maior pigmentación de melanina nos xenitais que no resto da pel, e así como lembro ter visto cus queimados, o que o sol consegue, na maioría dos casos, é que os brancos teñamos pirolas negras… e non lembro ter visto ningunha queimada.

    Non fun quen de atopar referencia… así que, agradeceríase que se alguén ten máis información, a comparta :)

  4. peke Says:

    Pasádeo ben e, como di ghanito, levade o protector da casa. :)

Trackbacks/Pingbacks

Fala sen medo