Disque están protexidas pola lexislación europea debido ao perigo de extinción que as ameaza por mor da desaparición dos seus hábitats, pero por estas alturas de ano e contra a tardiña, e coma todos os anos na casa dos meus pais, hai que andar con ollo para non esmagalas con só dar un paseo polo xardín e cometer un xenocidio.
Así, mentres o avó contaba como de cativo as collían para atarlles un fío e facer voar aos machos a xeito de papaventos, estivemos observando como un grupo delas andaban por entre a froita que apodrecía no chan e, non moi lonxe de alí e ao redor dunha femia, un macho e mais un machiño comezaban unha loita na que non soubemos se o seu obxetivo era o zume das froitas ou a femia que facía coma se non fose con ela. Para cando din chegado coa cámara o machiño xa marchaba por patas.

Logo soubemos que o obxeto da loita era a femia, e botando man da galipedia tamén soubemos que, disque, outro dos motivos da súa desaparición é a caza para a súa venta, polos prezos aos que se cotizan, prezos que nos pareceron un pouco esaxerados. Digo eu que parecen confundir dólares con pesetas ou… hai algún entomólogo na sala?
Cando viviamos en Auria, dúas veces atopamos vacalouras no balcón, que tiñamos cheo de plantas. E o mellor de todo é que viviamos nun cuarto andar!
Graciñas pola explicación e a foto.
Non sabía eu que se xogaba co elas facéndoas pasar por papaventos. Curioso.
O que non sabía era que voanban tan alto, pero voar, voan, e ao atarlle un fio no seu tórax, co seu voo vertical ben poderían parecer papaventos… ou cervos voadores :)