Nakedness
3 Xullo 2007
Se a estas alturas de ano estamos normalmente cheos de ir poñer o cu ao sol, parece que este ano temos que andar a aproveitar as raiolas que van saindo por entre as nubes para poñermos en bolas sen temer unha pulmonía, e foi así que o venres estabamos aproveitando o último sol que se viu polas terras do Morrazo. Veu conosco aeva, que é a responsable de opedro cando a súa nai ou eu non podemos selo por mor das obrigas laborais. Malia a saber que iamos a unha praia nudista nin dixo nada nin nada nós lle dixemos, e cando, xa na praia, ía comentarlle que podía estar como ela quixese, ela xa estaba baixando as bragas tal e como faría na ducha da súa casa, facéndonos a competencia a opedro e mais a min por ver quen era o primeiro en quedar libre de farrapos.

E aínda que ao comezo podo crer que pareza estraño o estar espido con alguén coñecido, non leva dez minutos que sexa a maior das naturalidades do mundo, amosándonos tal coma somos, e así, entre xogos e conversas fomos quen de aproveitar a tarde case que ata o solpor. Logo comezou un fin de semana chuviñento e sen paraxe, no que houbo furancho, viño tinto, churrasco, ducha ás tantas da noite, choio de sábado á mañá, autoestrada a baiona, casa dos avós, bambán, carreiras, vacalouras, regreso, volta a deixarme ver na noite, cervexas, herbas aromáticas, rencontros, caciquecolas, aceites aromáticos, caciquecolas, piloto automático, espertar con dor de cabeza, resaca quinindiós, café, café, café, autoestrada a curuña, casa de la yaya, papar, siesta con opedro, cochiños do xardín, carreiras, autoestrada, casa, e de súpeto, ao espertar, era luns de novo…
…e alá foi o luns.
Xullo 3rd, 2007 at 5:48 pm
Bo verán, aínda que chova! :)
Xullo 3rd, 2007 at 8:57 pm
Vacalouras…hai tempo que non as vexo.
O termómetro de pirola está mui ben. Lembro que fun ás Cíes haberá un cento de anos por primeira vez a unha praia nudista e a auga estaba mui fría. Tiña o aparato de mexar e compaña engurruñados co frío e boteime na area co cu ó sol para recuperar calor e tamaño. Tiña vergoña de mostrar os meus cousos encollidos.