Wikis para dummies
13 Xuño 2007
Para os que a cotío andan na rede a palabra wiki é algo normal, pero para moitos outros non é máis que unha palabra que parece que se está facendo popular. Para saber algo máis é de axuda ler as diferentes entradas do término wiki na wikipedia, a enciclopedia da rede.
E tamén será de grande axuda ver os case catro minutos do video Wikis in Plain English, unha clariña explicación de como funciona un wiki e da súa utilidade, e para os que non coñecen o inglés, houbo algún usuario de dotSUB (o que sería un lugar máis para gardar vídeos de non ser porque poden ser subtitulados pola comunidade) que se papou o traballo de subtitulalo en galego. A seguir, o video,
É dos mesmos autores de RSS in Plain English, así que se non o viches, non perdas máis tempo sen velo. Se alguén se anima a subtitulalo…
Fala sen medo