Letras sen letras

17 Maio 2007

Desconectamos aproveitándonos dunhas letras, marchamos para a Illa a deixar que a nosa mellor vida sexa a protagonista nesta pequena desconexión terrenal. Só volveremos ao continente cando Pemán nos bote, mentres tanto e ata a nortada do sábado non imos ser cheos de praia.

E anque só sexa por ver se alguén se anima a facer a rima do cinco, continúo o non hai dous sen tres desde a do goretoxo e, a falta de letras, deixamos como a aportación a man do pedro recén escaneada. A historia é cousa de dorfun, saiu á luz en Nós somos letras e tamén foi deixando pegadas na de ghanito, e pretende construir unha imaxe con aportacións feitas desde os blos, así que se alguén ten un blo e le isto ben podería deixar unhas pegadas galegas.

nós somos letras
Alguén dixo cinco?

Fala sen medo