Na cartoteca din cun sitio que, ademais das visualizacións habituais dos mapas de google, satélite, mapa ou combinadas, engade unha nova capa para visualizar o relieve coa utilización de cores e sombras obtendo mapas tan lindos coma este,

Na rede xa había cousas parecidas, pero sen esas cores que lembran aos mapas topográficos de aqueles libros onde aprendiamos o que chamaban accidentes xeográficos.
Pensando na escola, e a pesares de que os monitores non teñen o encanto do papel, o peor é saber que hai profesores que nin sequera coñecen a existencia destas ferramentas e que non está todo feito con só o acceso á tecnoloxía senón que os educadores deben saber utilizala. E é que a fenda dixital algúns téñena na cabeza.
No Comments