Teño constancia de que alguén se decatou de que puxen aí á dereita unha ligazón nova, así que se alguén quere saber máis, que vaia fedellar nas miñas cousas ou que siga lendo
Estes días paseinos alí, utilizando o servizo de tumblr, e despois días de proba non podo máis que confirmar o que xa lera sobre el, así que malia a non ter comentarios, nin categorías ou temas, nin arquivo ou acceso a estatísticas, ofrece unha ferramenta deseñada para facilitar a publicación na rede dun xeito moito máis sinxelo e rápido que o propio google.

Despois de só dar unha dirección de correo electrónico e un contrasinal, o propio servizo pregunta se vas poñer textos, fotos, citas, ligazóns, transcripcións de conversas ou videos, ou ben mentres estás nunha páxina web, e cun botonciño no firefox, pódese publicar a foto do flickr, unha cita que marcaras no texto ou o video do youtube, todo dun xeito intuitivo e, polo de agora, en inglés, pero intuitivo.
Naceron como tumblelogs e no servizo que comezou a dar o tumblr hai uns meses se ofrecen sen a posibilidade de comentarios, anque andándolle por dentro non é difícil engadirlle os comentarios ou cambiar o aspecto da páxina, para a que ofrece varias plantillas. Posibilidades ten moitas, desde integralo como portal para todos os teus servizos, do twitter ao del.icio.us ata para facer un fotomoblog enviando as túas fotos desde o móbil. Eu vou a utilizalo para poñer cousas que vou atopando na rede, por compartir cousas que me poidan parecer interesantes, curiosas,… cousas para as que non lles atopo sitio acó, ou quizais si..
A forza de tumblr, coma no caso de twitter, baséase na súa facilidade de uso, así que para o que queira publicar na rede, ou non deixar de facelo, e andan á busca de unha ferramenta que non roube tempo, paga a pena darlle unha oportunidade.
Pero nun mundo de blos e twitter, haberá sitio para o tumblr? Quizais na do Snob poderían dar razón de como lle vai. Mentres tanto sigamos alimentando a google, e se se lles ocorre abrir algún, agradécese deixen nota nos comentarios.
Eu descubrino hai unhas semanas e pareceume moi útil: Abrín un para posteo automático dunha selección dos meus feeds e outro para o Twitter de lemosgalego, para ter nun lugar todos os chíos seguidos.
…eu redirixin a asubios.adorfunteca.org… pero ainda non teño moi claro con qué quedarme… twitter, haiku, tumblr, bazooka,… demasiadas novidades… teño que reflexionar un pouco sobre elas… de momento gústame twitter para esbardallar…
a min gustaríame máis unha combinación de twitter/jaiku e tumblr :D
dorfun, tamén ten ozimodo… a ver quen sobrevive
…ozimo descarteino de primeiro… paso de matarme co ruby… :D