En pleno feirón de de Pontedeume nunha tarde de non-praia todo parecía harmonioso. Fora fácil atopar un lugar para estacionar, non había aglomeracións e ata conseguir unha mesa nunha terraza non daba moito traballo.
Todos parecían felices, desde os que fumaban porros aos pes da torre dos Andrade ata os nenos nos bambáns do parque, pero a tarde comezou a cambiar cando vin que os do topmanta desmontaban os seus postos e tirando só de catro fíos marchaban nun par de segundos a lume de carozo. Era a policía local, como lle aprenderon os Bolechas a opedro.
Nin un minuto despois, uns fotógrafos avanzando como os caranguexos puxéronnos alerta. Viñan diante dous pastores que non se puñan de acordo por donde levar ao rabaño que viña atrás, un ourensán vencellado á dereita relixiosa popular, que chegou a dirixir o Insalud e despois Correos da man de Romay Beccaría e sentou na cadeira deixada por Cuíña en Ordenación Territorial, acompañado dunha recua de seguidores que falaban entre eles e saudaban aos, lles supoño, paisanos amosando sorrisos descomunais.
Teño que confesar que nese momento a mamá de opedro estivo moi rápida. Dixo, ti non tiñas que comprar uns pantalóns?

E así foi como me animei a entrar no primeiro local que atopamos e, despois de levar roto no tempo en que pasaron os últimos quince días tres pantalóns vaqueiros diferentes á altura do xeonllo dereito, acabei comprando uns pantalóns en Pontedeume. Non só foi por evitar ser testemuña de bendicións electorais, pero axudou.
Despois fomos a refuxiarnos ao parque infantil. Seica alí non hai capital electoral.
JEJEJEJEJEJE…seguro que si no fuera por las vaqueros te endosaban una revista cuché con los «logros», si hasta pensarías que el puente lo hicieron ellos
(me pasó a mí una vez en el pueblo de mi madre, territorio baltar, vamos, que según las insinuaciones habían hecho ellos el puente romano y las burgas .
lista mamá ;)
bicos!!
;)
Non me ten pinta vostede de ser dos que se axeonlla facilmente. Qué lle fai logo aos pantalóns, se non é moito preguntar?
cossimo, debe serlle cousa de, que como dicía miñabuela, non son mais que ósos. Nada que non se poida solucionar rebaixando o fémur cunha rebarbadora… ou comprando pantalóns con máis frecuencia :D