Waiting room
A teoría indica que vén unha semana de choio, a experiencia acabará confirmando. Mentres todos durmen eu cavilo no que me vén enriba e deixome levar polo teclado.
Liñas inconexas sen significado aparente. Borro todo o que me aparenta ter algún significado e deixo o que copiei e peguei, un texto coa definición de nook, do urban dictionary,
It’s that little spot between his neck and shoulder where she finds comfort and security as she drifts off to sleep.

e un link a unha actuación en directo duns Fugazi moi novos. Xa estou mellor.