Lareto cantareiro
Lareto a máis non poder, conta todo o que lle pasou, desde o que comeu no cole, con quen e a que foi que xogou no patio e logros varios que vai completando por primeira vez na súa vida el só, desde cortar coas tesouras, saltar desde alturas varias, pedalear no triciclo ou controlar o rato e non morrer a rir con estes diante do ordenador. Vén onda nós e solta algo como,
…mira o que fací!
ou
…mira que bonito me quedou!
e dun tempo para acó foille colléndolle o gusto á televisión, ata para ter preferencias de seu e case que esixir que se lle poña algunha das series que “segue”, desde o Babytv, un tal Manny Manitas, o Winnie the Pooh, os de Baby Einstein, Bob the Builder ou ao Postman Pat, tamén coñecido polas nosas terras como o carteiro Pat e o seu gato Jess, do que onte me foi cantando de camiño á gardería a súa canción, que el interpretaba a letra con algo así como,
Osman Pat, Osman Pat, Osman Pat nis black..white cat… early moning… nis van
ou a de Bob the Builder, que se limita a un
Bob the builder… yes, we can
e volta a comezar outra vez e que nunca dá por rematada. Bota case tanto tempo coa canción como o tempo que ve a tele, que non é moito pero que non pasa día sen apanpar diante dela aínda que sexa por dez minutos, xa que moito máis non é quen de parar sentado, nin para unha foto.

E como na casa dos avós do sur hai servizo de multicines emule, alí os programas se repiten en multidifusión, e o que o outro día era unha galiña negra que levaba as chaves do carteiro Pat, hoxe xa non era tal e dime,
Nooo papi, no era una galiña negra, era una pega-urraca
E é que non hai como ter uns neuronios do trinque, que xa non hai nada que lle esqueza.
Abril 12th, 2007 at 9:39 pm
Hostias, que bo o do “carteiro pat, carteiro pat, carteiro pat e o seu gato jess”! que recordos, non sabia que seguira repartindo cartas e até parece que se modernizou, con páxina web e todo :)
Abril 13th, 2007 at 10:47 am
Que guapo está! Xa é un mozote. (Ai, e pensar que o tiven no colo cando era bebé…)