O dreambox e mais o mac

Xa lera que o Dreambox non había de levarse ben co MacOs, pero iso tiña que velo cos meus propios ollos.

O choio vai así, o Dreambox é un aparello que por fóra parece un decodificador dixital de TV satélite cos seus euroconectores e control remoto, pero por dentro é unha máquina linux montada ao redor dun procesador PowerPC, coa súa memoria RAM, porto USB, conexión a rede, servidor ftp e http, e a posibilidade de engadir un disco duro para grabar os programas de televisión.

Xunto cos seus viciños do salón, a xbox e mais o receptor tdt, están os tres conectados ao router para ter saída a internet e verme a min, na nosa rede, na parte wifi.

A idea era ter en MacOs algo tan sinxelo como o que hai para Windows, o Dreambox Control Center, unha aplicación que une todas as ferramentas que poden ser de utilidade para controlar o aparello: instalación de novas imaxes (o seu sistema operativo), subir e baixar plugins, skins, emus, listas de canais, películas, montar discos da rede, clientes ftp e telnet,… e mais o DreamboxEdit, do mellor que existe cando se fala de poñer orde entre máis de 2000 canais. Postos á procura din con Faqintosh, a referencia para dreambox & mac.

Comecei co DreamXman, co que só fun quen de conectar co dreambox pero sen poder facer nada máis que agardar a que a aplicación abortase soa.

Co DreamStreamX as cousas pintaban mellor, parecendo unha aplicación máis seria, pero o primeiro que me dixo foi connection refused. Ben, os rapaces dos foros de infosat xa sabían do tema e a solución pasaba por crear un arquivo en branco, chamalo de_preferences e poñelo en …/teudirectorio/librería/preferences/dsx_data , que é o lugar onde gardará as preferencias da túa conexión e mais as listas de canais.

dreambox vlc streaming dreamstreamx

Prometendo case as mesmas características que os que veño utilizando sobre windows a realidade é que está pouco depurado e que, á hora de xestionar as grabacións ou tentar poñer orde nos canais, peta de vez. Iso si, combinado co vlc dá para unha capturas ben chulas facendo streaming, pero iso tamén se pode facer conectando ao seu servidor web e instalando o plugin vlc para o teu navegador.

Que para que serve isto? Pois para ver a tele no teu portatil alá onde chegue a cobertura da túa rede wifi… ou mesmo en calquera outro ordenador, se é que tes contratado largo de banda abondo para subir mpeg2.

Así, despois de levar un susto, para prescindir da parte pc, só preciso consumir, e para ver a tele, tempo.

6 Comments

  • Ola Opaco, é a primeira vez que oio falar do Dreambox, semella interesante.
    Unha pregunta: vexo que vale pra ver canles de televisión pero, de onde pode vir esa sinal? dun operador de cable como R sen necesidade de descodificador «propio»?

  • Eu non lle son moito de televisión, a verdade, pero celebro descubrir (aquí no seu blogue) que se están a inventar aparellos capaces de nos simplificar ese mundo multimedia que tantas regletas de enchufes e mazos de cables acumulan na parte de atrás dos correspondentes mobles.
    Pero… ¿non tiña unha captura un chisco menos arrepiante? :D

  • Suevo, posible sería, pero precisaría primeiro que R emitise en dixital, segundo un dreambox, ou similar, con sintonizador dvb-c para recibir as emisións por cable, ou un dvb-t para a tdt ou un dvb-s para as emisións por satélite e , por último, que o dreambox soportase o sistema de decodificación que usará R, para poder insertar a tarxeta de abonado (como as de digital+) que lle darán aos seus clientes xunto co seu deco dixital., pero ata que iso ocorra, non vale para R.
    F. Miguez, as regletas e os cables seguen enchéndoo todo :D

  • [...] « O dreambox e mais o mac [...]

  • hola. Quisiera saber si has conseguido ver las paliculas del mac en la tele a traves de la dreambox.

    ¿Como?

    Un saludo de pililo23

  • Para eses choios utilizo á xbox :P …pero polas limitacións da cpu do dreambox seica só se podía facendo streaming desde o vlc do pc utilizando, no dreambox, o plugin vlc client.
    No mac non debería ser moi diferente a como o explican acó.

Deixa unha resposta

Your email is never shared.Required fields are marked *