Monthly Archives: Abril 2007

Convidados a ouvir

O lugar era novo para nós. O motivo da visita, un concerto como o que xa perderamos. O ambiente era totalmente diferente aos últimos concertos nos que teño estado… neste, bebés de poucos días, mamás grávidas, cachorriños a agatiñar, pequenos bulebules, con cueiros, no colo, sentados, a durmir, espertos e cos ollos ben abertos eran

POKE 56996,254

Entre estes días de choio inusitado fago exercicio cos pés sobre os tres pedais do carro, autoestrada arriba e abaixo, sen apenas tempo para sentarme noutro lugar que non sexa o cockpit. Son días de aniversarios, que si o do Cervantes, que si o dos cravos do 25 de abril, pero se houbo un especial

I bought a pair of jeans

En pleno feirón de de Pontedeume nunha tarde de non-praia todo parecía harmonioso. Fora fácil atopar un lugar para estacionar, non había aglomeracións e ata conseguir unha mesa nunha terraza non daba moito traballo. Todos parecían felices, desde os que fumaban porros aos pes da torre dos Andrade ata os nenos nos bambáns do parque,

Primeiro a maxia, despois o inferno

Hoxe foi día de encontros con compañeiros da escola, o primeiro, logo de deixar ao pequerrecho na gardería e o segundo, ao ir recollelo. Cos dous compartín aulas e mais xogos e fomos medrando xuntos ata que as nosas vidas colleron diferentes camiños. Ao primeiro deles había anos que non o vía, a última vez

Waiting room

A teoría indica que vén unha semana de choio, a experiencia acabará confirmando. Mentres todos durmen eu cavilo no que me vén enriba e deixome levar polo teclado. Liñas inconexas sen significado aparente. Borro todo o que me aparenta ter algún significado e deixo o que copiei e peguei, un texto coa definición de nook,

Lareto cantareiro

Lareto a máis non poder, conta todo o que lle pasou, desde o que comeu no cole, con quen e a que foi que xogou no patio e logros varios que vai completando por primeira vez na súa vida el só, desde cortar coas tesouras, saltar desde alturas varias, pedalear no triciclo ou controlar o

Defying gravity

Neste longo fin de semana tiven ocasión de comprobar o meu estado de forma a bordo dun kart queimando goma e mais gasolina, saltando pianos e contravolanteando, sentindo o que é controlar unha máquina na que o conductor é o amo e gozando como un anano. O resultado da diversión foi unha desfeita a nivel