Foi en outubro pasado nun programa de TVE chamado Carta Blanca que, como ben di o seu nome, foi o que lle deron a Antonio Escohotado para amosar, nunhas charlas cos seus convidados, o mundo das drogas desde o seu coñecemento e experiencia, nunha posición nas antÃpodas da demonización e o prohibicionismo imperante.
Menos mal que temos o youtube e aà está o programa completiño dividido en oito cachiños; Antonio Escohotado en Carta Blanca,
e o resto deles como sigue, na súa segunda, terceira, cuarta, quinta, sexta, séptima e oitava parte.
Paga a pena botarlle unha ollada, abstéñanse prexuizosos. Eu reteño as últimas palabras que leu dunha chuleta,
…toda prevención que queiramos ensinar aos nosos fillos será ineficaz se non é unha prevención calculada para o uso en lugar de para a abstemia…
Total, setenta e tantos minutos, por mor dos convidados, uns mellores, outros peores, pero todos eles sen afán ningún de moralizar nin de estigmatizar a ninguén.
Totalmente de acordo con el e contigo.