Switching

Porqué? Estaba moi cómodo, e aínda o estou nas miñas instalacións, con windows. Fun utilizador de distribucións arcaicas de linux, fedellando no redhat cando a 4.2 ata a 5.2, e durante un tempo a única máquina que había no noso piso era o Macintosh Classic.

MacIntosh Classic II

Mentres enchía a batería aos topes deu para ver a calidade dos seus remates, pláticos bos e rixidez envexable. Logo veu a primeira agradable sorpresa, apenas un nome e un contrasinal e o MacOs xa estaba á miña disposición.

Ao pouco de estar traballando con el e á espera de afacerme aos atallos do teclado boto en falta algunhas teclas, pensando, sobretodo, nos momentos que teño a outra man ocupada. Co finder non vou cómodo, semella que a evolución desde esta banda non foi tanta desde os meus tempos de utilizador Mac cando o System6 , contemporáneo do Windows 3.0 e MsDos, anque xa teño candidato para sustituilo.

Na parte positiva, o proceso de instalar aplicacións, desde a xestión de unidades de disco do sistema operativo ata a propia instalación do software segue sendo fascintante pola súa sinxeleza, só hai que levar o icono do programa que se vai instalar ao cartafol das aplicacións. Se parece unha Palm…

Neste punto é cando xa sabía o motivo de porque todos os que cambian a mac comentan o tema no seu blo. Todo funciona tal e como se agarda.

E anque que a transición estame a resultar moi fácil, podo entender que para o que salta desde windows o proceso non sexa tan fácil como algúns queren pensar. Son moitas as cousas que cambian, unhas xa as coñecía e moitas non, pero aprendo (teño que afacerme aos atallos do teclado, repito), para o que son de grande axuda ler as fontes doutros na rede e utilizar a intuición con naturalidade, así que sen medo a converterme nun fanático macboy, o de escribir sobre as aplicacións que levo instaladas vouno deixar para outro día.

E así foi como pasou, un pouco de todo, no que o Parallels deu o último empurrón, a certeza de que hai aplicacións que só existen na súa versión windows e que aí o está, virtualizado nun disco duro de 10GB co seu, tal e como vén de serie, XP e as tres aplicacións ás que non lle atopei igual e mais o firefox, traballando aínda máis rápido que non vello pc e elimininando as últimas escusas que un puidese ter.


One Response to “Switching”

Leave a Reply