Do abadexo ao sanmartiño
Que Galiza é unha potencia pesqueira, para ben ou para mal, ninguén o pode negar.
Do mesmo xeito, despois da lectura do listado de denominacións comerciais de especies pesqueras e de acuicultura admitidas en España, que conforme á normativa europea vén de ser publicado no BOE e recolle as denominacións comercias dos peixes que se comercializan no mercado español nas súas correspondentes linguas oficiais así como nas diferentes acepcións locais, tamén se confirma a grande riqueza léxica da nosa lingua cando cómpre falar de peixe.
Á vista do listado, semella que desde a Xunta tamén se adoptaron solucións de concordia para decidirse polas acepcións máis comúns á hora de referirse a unha determinada especie, nun país onde case que cadansúa ría ten unha denominación diferente para o mesmo peixe.

E é que sen sair da primeira folla do listado do pdf lembro tempos de cativo, nos que os días que tocaba no cole bocata de peixe en conserva e malia a termos todos o mesmo peixe entre o pan, había quen comía agullas, quen chínfanos, quen chandarmes, quen alcriques e quen comía patagullos… Así, a miña nai tardou un tempo en saber o que era o que nos metían no pan. E é que a quen non lle pasou tal?
Marzo 22nd, 2007 at 9:09 pm
chandarmes! que ricos!!
Marzo 23rd, 2007 at 12:23 am
Tamén lle chaman “nelas”.
Marzo 25th, 2007 at 5:08 pm
Son riquísimos. Eu sempre lles chamo agullas.