Just for mappers
Continuando coa lideira dos mapas dos que falaba aí atrás e seguindo a guía do mapa de abaixo que sinala a numeración dos cadrantes onde se ubican as follas das cartas topográficas do IGN correspondentes a Galiza, baixei 421MB de arquivos pdf.

Deses arquivos gardei as imaxes encapsuladas correspondestes aos mapas, que deron un total de 159 arquivos jpg que subín ao 23hq para crear un album de mapas etiquetando cada unha das imaxes co nome da poboación que designa a folla e mais o seu ano de edición.
Con todo, é unha mágoa que non se poidan baixar as cartas a escala 1:25000, aínda que a pesares de só podérense baixar a escala 1:50000, dan unha resolución xeitosa, de 4000×6000 pixeles aproximadamente, que xa da para xogar co OziExplorer ou co PathAway e tirarse ao monte.
Iso si, para baixar as imaxes no tamaño orixinal hai que rexistrarse no 23hq, con rexistro de balde no seu sitio web, sitio que cada vez ten menos que envexarlle ao flickr.
Actualización: Todas as follas en formato pdf nun só arquivo comprimido, acó; e todas as follas en formato jpg nun só arquivo comprimido, acolá. Aviso, son arquivos de algo máis de 400MB.

Febreiro 27th, 2007 at 10:46 pm
Chuzada! ;-) http://chuza.org/historia/galiza-en-mapas-by-opaco/
Febreiro 28th, 2007 at 1:14 pm
Pois a min sáenme 164… bufff… a ver se podo repasar e te aviso.
Febreiro 28th, 2007 at 4:31 pm
Me he registrado en 23hq, entro a la pagina http://www.23hq.com/opaco/album/1702343 pero no entiendo como me bajo las imagenes en ALTA RESOLUCION;
- ¿Se puede descargar el album completo?
Un saludo y gracias por la información,
PD: tengo idea de que tb están en la red emule
Febreiro 28th, 2007 at 7:35 pm
Calidonia, a min séguenme a dar 159 despois de eliminar un par de duplicadas. Xa contará ;-)
almir, unha vez rexistrado, ao entrar no album; abaixo de todo e á dereita hai unha ligazón para descargar o album completo como arquivo comprimido, unha vez que fas click che pregunta en que tamaño os queres, medio-grande-orixinal.
E si, lera nalgures dun proxecto para compartir na rede emule os arquivos pdf dos mapas de España, pero non sei en que quedou o conto.
Marzo 1st, 2007 at 1:35 am
pois a min paréceme que as fotos non teñen moita resolución, ou iso ou é que non fun quen de velas correctamente. non son quen de ler ningún nome. deixáronme fai pouco unha pda e tiña interese en probar algún destos programas para marcar roteiros e uns mapas da galiza víñanme moi ben, pero estos paréceme que non valen para isto.
Marzo 1st, 2007 at 4:17 pm
Non sei que carallo farei mal pero os 160 ocupan tan so 9MB e pulsei en Large, e o fixen varias veces.
Failo ti e nos contas cal e o problema.
A verdade e que estoy moi interesado nos mapas e gustariame aprender a manexarme cun Gps.
Marzo 1st, 2007 at 11:53 pm
é o mesmo que me pasou a min, 9MB para todas, acaso pódense baixar con mais calidade?
Marzo 13th, 2007 at 2:46 pm
a mim passa-me o mesmo, se mirardes ve-se que as images só se podem baixar cumha resoluçom de 756×517 (ou por aí)… estaria bem que se subirem as fotos a megaupload ou a um sitio destes
Maio 2nd, 2007 at 3:58 pm
[...] Hai un tempo que comecei a recompilar os mapas antigos de Galiza que andaban pola rede, escolmando aquelas imaxes que tiñan maior resolución e calidade. Este hábito experimentou un forte impulso case sen querelo grazas a unha anotación do Opaco, na que falaba doutros mapas non tan vellos, e a raíz da cal dei con parte desta escolma na mesma web do IGN. [...]
Setembro 16th, 2007 at 2:25 pm
En eMule tienes Galicia a 1:25000 en un solo archivo ecw importable en oziexplorer. Haz la búsqueda por MTN25. El archivo ocupa 2GB y es de una calidad fabulosa además de muy actualizado..
Setembro 16th, 2007 at 11:32 pm
Atopado no aMule procurando por galicia ecw… con poucas fontes. Grazas Jose :)
Setembro 18th, 2007 at 6:56 pm
De nada. Lo de las pocas fuentes supongo que es porque no mucha gente está enterada de que andan por ahí.
Yo lo encontré a través del foro de mendiak.net. Están disponibles también asturias, cantabria, euskadi, leon palencia y burgos, me parece.