Anotación de servizo público

Debería ter falado disto antes do apunte do outro día, pero foi hoxe que atopei na de kottke as instruccións oficiais,

instruccións no water
  1. os xeonllos máis altos que os cadrís,
  2. inclinarse cara adiante cos cóbados nos xeonllos
  3. botar fóra o abdome e endereitar o espiñazo.

E o resto será deixarse ir.

Tamén hai quen di que unha posición máis natural trae unha chea de vantaxes e incluso se atreven a dicir que prevén de graves enfermedades, anque me cheira que só é para vendernos os seus productos.

Polo demáis, quizais o meu erro é utilizar o que podería ser o foot rest onde apoiar os pés para poñer a parafernalia que me acompaña nesa sinerxia de movementos, lecturas, ruidos e alivios.

One Comment

Deixa unha resposta

Your email is never shared.Required fields are marked *