Escala de merda

Se hai algo que sempre, ou case sempre, lle preguntamos á profesora de opedro ao ir a recollelo ou ao levalo á gardería, é polas cagadas, que a pesares de poder ter formas e consistencias múltiples, só lles ten tres descripcións posibles: estreñido, diarreico ou ben.

O que non sabía eu era da existencia dunha táboa, deseñada hai uns poucos anos na Universidade de Bristol, para clasificar as feces en sete grupos, a chamada Bristol Stool Scale, ou táboa de torrellos de Bristol, que aínda que non o creades, existe.

táboa de cagadas de Bristol

Pensando en imprimila e levarlla para a gardería, non sei sequera se é de uso común entre os pediatras e demáis doutores. Polo visto, os torrellos de tipo 3 e 4, este último especialmente, son os mellores, xa que son os máis fáciles de botar fóra.

Agora xa sabedes, que a próxima vez que teñades problemas de bandullo por unha enchenta de chocolate, controlade ben que non sexan do tipo 2 ou do tipo 1, e en caso de dúbida e para mellor explicarlle ao doutor, sempre se pode comprar unha camisola de merda para ir á consulta.

6 Comments

Deixa unha resposta

Your email is never shared.Required fields are marked *