E aínda hai máis mapas, ou visualización de datos en mapas. Eis que o Robert se preguntou que ocorrería se se unisen sobre o mapa todos os códigos postais dos Estados Unidos en orde ascendente…
Partindo do zipcode, unha aplicación que permite navegar interactivamente polos códigos postais, foi quen de chegar a conseguir un resultado sorprendente.
E agora, utilizando os datos de geonames, do que xa temos comentado algo por acó, vén de engadir á súa colección os mapas dunha ducia de países máis, e entre eles o mapa de España, do que di que a distribución dos códigos postais é interesante, onde moitas das liñas que se fan para unilos non se cruzan, coa única excepción de Galiza, que destaca por amosar a estructura dun garabato moi denso.

Na súa páxina se pode ler unha completa descripción do proxecto, así como diferentes imaxes dos mapas en maior tamaño.
Quizais para a próxima negociación do estatuto e visto que non se puxeron dacordo en quen a ten máis grande, habería que propoñer para o preámbulo o de que Galiza desenvolveu unha clara identidade cultural e política reflectida no garabato máis caótico da Península Ibérica.
eu tento lerte, mais as veces non entendo nadiña. Como dixo Pauliña onte, da gosto oirte falar, mais penso que o me CI non alcanza,…
biquiños
tqt
[...] anos con este blog por aquí é fácil botar a vista atrás e comentar que hai cinco anos falaba do ZIPScribble Map, un mapa que conectaba con liñas de cores os códigos postais existentes nun determinado [...]