Un lugar na rede

No mapa da rede que vía hai uns días chamaba a atención as poucas direccións IP que se destinaban a África e o grande número delas reservadas para as grandes corporacións e mais o goberno dos Estados Unidos, que semellan ser os grandes especuladores na representación gráfica deste mapa de internet.

opaco.og no map-o-net

E agora, veño de descubrir que hai quen fixo un machuco para podermos localizar no mapa calquera dirección IP e así, curioseando, souben que nesta casa temos de viciños ao digg e estamos a un paso de google, que chuza queda un pouco máis ao sur, na fronteira coas IPs europeas, que blogalego está entre myspace e something awful e que a Xunta case cae fóra do mapa, nun recuncho onde ninguén a poida atopar.

Por suposto, dándolle ao Find me in the map! sairá onde está o servidor desde o que te conectas á rede.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *