O portátil deixou de ser portátil e leva algo máis dun mes atado á mesma mesa. Está estable, pero os síntomas indican que podería abandonarnos en acto de servizo no momento menos pensado.
En pleno proceso, sorprendeume ver quen, nas mesmas ca min, xa decidiu. E é que estou entre o Vaio de Sony que comprou o Fernando Garrido, o Macbook que comprou o Seve García e mais a tentación, que vén da man dos Thinkpad de Lenovo.

E aínda que a orde de preferencia é xusto do revés e o que máis me tira é o feo, tampouco deixo de ver cousiñas de Dell, de Asus e mais de HP.
Sabendo que me gustaría ter unha pantalla de menos de 15,1 polegadas, porto Firewire e mais lector SD, se alguén quere opinar, agradeceríase.
E si, xa sei que nin o Thinkpad nin o Macbook teñen lector de tarxetas SD pero o primeiro dá a cambio ranuras ExpressCard e mais PCMCIA e o segundo ten todo un MacOS ao que lle teño ganas de meter o dente, agora que mo poñen a tiro.
eu tamen me apuntei ao macbook black.
e, dende logo, é o mellor.
…eu tamén teño interese no macbook, pero por darche unha terceira visión, o Inspiron 6400 non está nada mal (ou o 640m), incorporando certas cousas das que pides… e o soporte técnico é do mellor…
Eu tenholhe um thinkpad, e bem contento que estou -ainda que nom o emprego muito-. Pero o meu tem lector de tarxetas 5.1 (ou como se diga, polo menos estou seguro de que le tarxetas MMC e MemoryStick).
Vaia, e eu que estou buscando o meu primeiro maquinillo, e me conformaria con un caldeiro que me tirase do Solid Works e tivese tarxeta wifi…
Teño que deixar de ser un estudiante sin cartos :)
Pois o Thinkpad R60/T60 se mantén en cabeza, o Macbook baixa, o Vaio C1 se mantén nas mesmas e o 640m sobe…
Continuará…
Esqueceuseme engadir que se tivera cartos -e necessidade real dum trebelho tal-, actualmente colhería um Mac… por ver que tal, máis que nada :-)
Já nos contará :-)