Daquela había detalles que descoñeciamos. Entre eles, que teriamos que buscar un nome de neno, ou que o que comezou como unha experiencia máis diante do ordenador tivese constancia durante máis de dous meses.

Agora, despois de ir deixando anotacións nestes tres últimos anos e escribindo no cuarto ano, só podo dicir que este cacho forma parte da miña vida™, pero desta teño copia de seguridade da base de datos MySQL, uns 480KB para tres anos gardando recordos e anotacións nun arquivo cunha extensión ben apropiada, a .gz
No Comments