Minifundismo
Se ben o Catastro xa permitía o acceso á súa cartografía a través da rede, ata o de agora había que facelo con navegadores GIS, anque tamén se podía cun layer que engadir ao Google Earth coa información catastral.
Con esa información e mais a API dos googlemaps xordeu un machuco que combina os mapas do google e mais a cartografía dixital do Catastro, o GoolzOOm, disque creado en dúas tardes e nacido como googleastro, ao que por razóns obvias lle cambiou o nome, e que fai que un cacho de terra que parece a monte,

poidámolo ver como un un exemplo de desconcentración parcelaria, minifundismo de autoconsumo, resultado de moitos anos de particións testamentarias,…

Así que agora, todos estes servizos do Catastro ou os dos Rexistros da Propiedade se ben son moi útiles para o cidadán, tanto máis o son para o especulador profesional.
Xaneiro 4th, 2007 at 9:50 am
onte falamos de todo esto en santiago, pero faltaban as direccións e os detalles
moitas grazas paco
aperta
Xaneiro 4th, 2007 at 5:28 pm
Mágoa que o o catastro non estea actualizado.
Xaneiro 6th, 2007 at 12:07 pm
Oia, que lle deixaron os Reis unha cousa na miña casa, pase por ela cando queira.