Gaiola de Faraday
19 Decembro 2006
Non che imaxinaba que cun aparello wifi puidesemos saber que o noso microondas é seguro…
Fun lendo ata que cheguei aos comentarios onde pon o de que a atenuación depende da frecuencia, e o deseño dos buratos da pintura da porta determina a frecuencia que máis atenúa. Aí foi cando deixei o experimento para outra ocasión.
Seica nun forno microondas, mentres está pechado, o seu interior traballa como unha gaiola de faraday, isto é, non deixa sair ao exterior ás súas microondas, as que quentan o que se lle meta, de aí a importancia de que, debido á súa potencia, non teña ningunha fuga.

Xa que os microondas traballan a unha frecuencia parecida á das redes wifi, do mesmo xeito que un forno sen fugas non deixa sair as ondas microondas, tampouco deixa pasar ao seu interior as ondas wifi.
Na relectura de hoxe fixen a proba e resulta que o microondas LG que nos acompaña desde hai seis anos non ten fugas. Foi meterlle a Palm t5 coa sd wifi, o forno apagado e a palm prendida, por suposto, e logo de pechar a porta e en apenas un segundo, vin a través do cristal como perdía por completo a conexión coa rede wifi de casa.
O día que compre un novo microondas vai ter que ser nun lugar que teña wifi… por experimentar. Hai quen xa subiu video.
Decembro 19th, 2006 at 7:32 pm
mira que ben, tú e as túas leccións, ímoslle a compar de agasallo de despedida a un compañeiro unha PDA, xa lle contarei o truco, e quedarei como unha experta, jejeje :)
bicos
Maio 20th, 2008 at 1:40 pm
ola venho por este contato tentar resolver um problema causado por maquinas de solda plastica que emitem alta frequencia,danificando equipamentos eletronicos,trabalho na area de soluções TI,e uma empresa de embalagens fez a solicitação para resolver o problema,aguardo resposta.