Amputacións

13 Decembro 2006

De por si, o coche chama a miña atención, unha máquina cun prodixio de enxeñería ben atrás do conductor, que cun corazón de seis cilindros, emite un son mecánico a base de explosións na que o aire xoga un papel moi importante, así que non me escapa que é o mesmo coche que onte estaba estacionado no mesmo lugar.

Evito comentarlle nada ao conductor cando ía, coa chave na man, pechar a porta. Non me sinto capacitado para facelo sen faltarlle ao respeto por telo estacionado nun lugar reservado para minusválidos acreditados, sen que o coche estea identificado como autorizado nin el aparente ter eiva algunha.

Lembrei ter lido algo dunha campaña belga na que se idearon uns cartóns para colocar nos parabrisas dos coches que ocupaban lugares reservados. Neses cartóns, unha nota con cinco respostas a elixir,

SI, gustaríame estacionar aquí doutra volta, así que elixo:

  • amputación de perna esquerda
  • amputación de perna dereita
  • paraplexia
  • esclerose múltiple
  • espina bífida

estacionamento minusválidos

Nun fuso horario próximo disque a vinganza é amarela. Mágoa de autocolantes.

Foron 4 que dixeron... to “Amputacións”

  1. ghanito Says:

    Fáltalle unha opción, eu tamén daría a escoller cortar a cabeza, que seica a teñen de adorno.

  2. siloam Says:

    uff, cousas pos…recordo a un ferrari nun atasco en Madrid, co motor ruxindo.

    esa lista que pos, quitando as enfermidades dexenerativas ou de nacemento, moitas veces son consecuencia dos accidentes de estrada, os grandes esquecidos. Sempre pensei que o peor non son os mortos.

    ASÍ QUE: A MODIÑO, que xa sei que “vives na estrada”

    bicos

  3. besbellinha Says:

    Pois xa que falas da Esclerose Múltiple, o 18 deste mes é o Día Nacional contra a Esclerose Múltiple. E si, é do peor aparcar nos sitios reservados a minusválidos e non ser capaz de botar unha man do xeito que sexa a toda esa xente que ten unha vida limitada polo que sexa.

    Un saúdo.

  4. paideleo Says:

    Eu agora fíxome nos aparcamentos que hai zonas para embarazadas e bebés e que conste que están libres sempre para a miña sorpresa.
    A idea belga é mui boa.

Trackbacks/Pingbacks

Fala sen medo