Porto vice
Estes días de desconexión serviron para descobrir que os galegos alén do Miño, tal e como facemos os de aquén do Miño, tampouco se resisten á farsa do Nadal, e alí estabamos todos, a cuberto da chuva, nunha fnac ateigada de xente disfrazando a súa alegría con roupas de visa.

Nas ringleiras que fixemos coas nosas moleskines nas mesmas caixas que o resto de alegres consumidores, despois de fedellar con algún dos portáteis que alí había e mais de ver baleiros os estantes onde deberían estar as Wii que levaron os que acordaran cedo, foi que decidimos escapar. O día xa era tal, a luz natural quentaba a pel e a chuva desaparecera.
E de volta ao noso tobo foi que aínda a antena 1 anunciou o gañador da carreira entre demócratas, mentres opedro, á vista dun deses papanoel suicidas, dicía,
Ah! papanoel!… e painatal?
Non sei que pasará pola súa cabeziña, pero estes cachorriños absorven información como se fosen esponxas.