A Nación en Marcha

Da xuntanza que houbo aí atrás en SCQ á xantanza familiar de hoxe en Bricktown só chegaron ecos diso do cambio horario.

A miña opinión non foi moi valorada, eu sempre fun de solpores e, ao fin e ao cabo, de estármonos realmente en marcha, adiantemos a hora, que para estarmos no cu de todas as estatísticas, só nos queda ir por detrás no tempo.

zonas horarias

Longas tardes de praia e solpores en plena noite de verán indo pola hora ucraina sería o meu e, de non valer, o horario de verán durante todo o ano.

E se o conto é irmos polo libro, ir ben, que eu que escoitar como din no telexonal algo así como,

…unha hora máis en Lugo e mais nos territorios de hora española…

Todo sexa polo aforro enerxético. Nós, mentres tanto, tentarémonos recuperar cuns paseos do jet-lag que sofriremos estes días.

One Comment

Deixa unha resposta

Your email is never shared.Required fields are marked *