De onde vés sendo?

O ILG, que non o ILGA, vén de poñer na rede unha ferramenta para a consulta da distribución xeográfica dos apelidos en Galiza, de xeito que podemos coñecer, a través da cartografía, os lugares onde un determinado apelido é máis frecuente, así como o número de apelidos por concello e a súa porcentaxe fronte ao total dos seus habitantes.

Disque pola distribución actual dun apelido, pódese saber de donde é que vén, como no caso dos apelidos de orixe toponímica, que, no meu caso, ao consultar por el sae isto,

Cartografía do meu apelido

E visto o visto, tanto no do ILG como no do seu equivalente en versión española, que amosa a distribución dos apelidos por provincias, gustaríame saber dos que cruzaron o Miño, xa que me consta que algún, iso si, co apelido deturpado, ata cruzou o Douro.

Pregúntome se os portugueses terán algo disto. Sábese algo?

6 thoughts on “De onde vés sendo?

  1. Eu creio que não há nada.. a não ser que haja no site da Igreja dos Santos dos último dias.. (algo assim) que andavam a fazer uns registos, tratarei de averiguar. Mas este site galego não o consegui usar até agora, depois de inserir o nome a barra laranja fica num sobe-e-desce horas mas sem mostrar resultados. Será por usar firefox? Ou por ter um ip estrangeiro?

  2. Pingback: Cartografía dos Apelidos de Galicia · opaco

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *