Anarchy in the Netherlands
21 Novembro 2006
Un sinal en neerlandés cun Verkeersbordvrij anuncia que se chega a unha zona onde non hai sinais de tránsito. Disque non se ven por ningures sinais, nin de stop nin de dirección prohibida. Tampouco hai parquímetros e, nin sequera, as rúas están pintadas.
En Makkinga, unha pequena vila frisia, un proxecto da Unión Europea, á súa vez inspirado nun experimento feito na cidade de Drachten, tamén nos Países Baixos, onde se eliminaran a metade dos sinais e só se deixaran dous de entre os dezaoito semáforos orixinais, co resultado dunha importante reducción dos accidentes, a utopía xa é unha realidade.
“The many rules strip us of the most important thing: the ability to be considerate. We’re losing our capacity for socially responsible behavior,” says Dutch traffic guru Hans Monderman, one of the project’s co-founders. “The greater the number of prescriptions, the more people’s sense of personal responsibility dwindles.”
Nos falan da nosa sociedade como liberal, pero en cada movemento que facemos, a nosa vida vai determinada por regulacións e as súas respectivas prohibicións, e en ningures é isto tan certo como o é no tránsito urbán. Supoño que a idea básica é que se cadaquén fai o que queira sumiriámonos nun caos.

Parece que as experiencias, que se extenderán a outras vilas europeas adscritas ao proxecto, están sendo boas, tanto que falan de que os ideais de Bakunin están a ser recuperados, citándoo cun “Rexeitamos calquera forma de lexislación”. E se o artigo orixinal utiliza as palabras do anarquista ruso, non vou ser menos e vou aproveitar para mencionar a Ricardo Mella, tamén anarcocolectivista, pero galego, que dixo,
Quien dice ley, dice limitación; quien dice limitación, dice falta de libertad. Esto es axiomático.
Los que fían a la reforma de las leyes el mejoramiento de la vida y pretenden por ese medio un aumento de libertad, carecen de lógica o mienten lo que no creen.
Porque, quen é o que non chega antes ao destino cando os semáforos non traballan?
Novembro 22nd, 2006 at 8:24 am
Para ir de Redondela ó Campus da Universidade de Vigo, hai que pasar polo cruce do alto de puxeiros. Agora bastante desconxestionado gracias a unha rotonda, antes gañábase moito tempo dando unha pequena voltiña por Mos antes que gardar o kilómetro de cola de tódalas mañáns. Non obstante, lembro un día que a cola foi desorbitada, debía de ter tres kilómetros e, si non chegaba a Peinador, pouco lle faltaba. Cando din chegado ó tal cruce, comprendín: Unha patrulla da Garda Civil estaba dirixindo o tráfico.
Decembro 6th, 2006 at 11:58 pm
cando eu era pequeno na Fonsagrada se deixabas o coche nalgun sitio que podía estorbar sempre deixabas as chaves postas, así se estorbaba calquera podía quitalo se lle daba a gana, agora sen que a ninguén, que eu saiba, lle roubaran nunca o coche, quedan en doble fila e ben pechados e os problemas amañanse a bocinazos, unha proba mais da miseria na que vivimos