John Balan for President
Non sei que dirá o protocolo do Ordenamiento General de Precedencias en el Estado sobre os retratos de El-Rei, pero nun recinto privado, aínda que sexa de acceso público, o protocolo virá marcado polo amo do bar, por moito real decreto e ordenamientos varios que se aproben, e así, nunha das miñas paradas para tomarlle o café nun destes viaxe arriba e abaixo ao redor da AP9, tirei a foto que se ve,

Nela, vese o acceso ao baño do local, presidido por unha lámpada de emerxencia e franqueada polos retratos de El-Rei e mais do John Balan, anunciando unha performance no ano 1992 do grande “tocador de portas”, ou como pon ao pé da foto, “El mayor comedor de fanecas del mundo“.
Agardamos que non se molesten no pazo da Zarzuela, non vaia ser o conto que os seus admiradores teñan que presentalo á Presidencia da República Popular Galega para manter o seu actual status.
A foto, a maior tamaño, aquí.
Novembro 17th, 2006 at 1:12 pm
o caso ‘e se o rei merece estar ao lado de john balan, non?
Novembro 19th, 2006 at 10:00 pm
Anque souben quen era xa tarde (este ano na homenaxe en Pontevedra), ben merece esas honras anónimas e creo que o rei nunca estivo mellor acompañado. Queixarase.
Novembro 20th, 2006 at 9:20 am
Lémbroo dos verán da miña infancia en Coroso, a cantar polos altifalantes do cámping á hora da sesta “Dos gardenias para tiiiiiii…”
Mítico!
Decembro 30th, 2006 at 5:41 pm
[...] [A foto é d’Opaco] [...]
Xaneiro 1st, 2007 at 10:25 pm
Non entendo de qu’e estades a falar pero agradecer’ia que me explicasedes quen ‘e o senor que est’a ‘o lado de John Balan.
Marzo 26th, 2008 at 12:02 pm
[...] os momentos de descanso, os paseos pola praia, o dicir que non somos castelhanos, o pasamento de John Balan, as evolucións de opedro no bambán e a [...]
Xullo 11th, 2008 at 3:10 pm
leonorcombing:
Ai, mira, pois non o escoitei nunca nin nada, nin o vin pola Dorna, que pena; pero sejuro que se o pillan os Queimacasas sejuro que fan unha boa troula con él por Ribeira adiante.
Canta notisia do mundo se perde por culpa do alcól ¿verdá?.
(Nota mental: Prestar mais atensión e beber menos viño) :-D
!Viva John Balan, alí donde esté!
Saludos…