Despois de ler todos eses paquetes tcp/ip que andan pola rede ao fío da entrevista a Xabier en Vieiros, só me queda dicir: Xabier, tes unha wiki ben chuliña.
Non sei se será pola farinxite, se pola febre, se polo charutinho co que estou a a enredar ou pola codeína que me presta a enredar, pero só apuntar uns detalles, eu nunca vin a ningún destes enriques polo blogmillo e que a pesares de que aínda hai xente que procura a deneno.net, o tempo vai rápido de máis na rede, tanto que hai xente que non coñece todonada.com… por certo, alguén viu a bolaextra?
Ao final vai ter razón desorde con isto da moda dos putos blós; a cousa pinta mal, segundo o beizonómetro seica estamos en beizón 4 e subindo pero, aínda así, non chega nin a aprobado.

Para quen a estas alturas non saiba, o beizonómetro é un índice que mide a prosperidade da cultura, da sociedade e mais da internet galega segundo as veces que a palabra «beizóns» aparece no Brétemas na última semana…
E falando de índices, os que crean ou gusten de relevancias, saiban que marcus xa non está no top20.
Ó bolaextra xa o levo botando en falta un tempo, pero seica segue desaparecido (espero que non fose nada).
Abeizoados sexamos todos!
Pois non será porque non o dixen de entrar, ( por exemplo en Blogaliza) e a resposta sempre é a siguinte:
«¿vas a escribir en galego?»
Eu sempre contesto o mesmo…»vou a escribir como me pete».
¿Estares no blogomillo e sinónimo de escribir en galego, ou de ser, vivir, sentir en galego, con independencia da fala?
¡digo eu!
Unha aperta.
Con independencia da fala ou da escrita, estar no blogmillo é participar nunha rede, na que a maior parte está escrita en galego, pero participar.
O de entrar en Blogaliza, non sei se é requisito escribir en galego, pero é a súa opción e paréceme boa. Saiba que para facelo como a un lle pete, hai sitios mellores.
Bicos
Concordo, opaco, que cada un escriba como mellor lle pareza, pero non se pode querer capar e asubiar.