Estamos en beizón 4

Despois de ler todos eses paquetes tcp/ip que andan pola rede ao fío da entrevista a Xabier en Vieiros, só me queda dicir: Xabier, tes unha wiki ben chuliña.

Non sei se será pola farinxite, se pola febre, se polo charutinho co que estou a a enredar ou pola codeína que me presta a enredar, pero só apuntar uns detalles, eu nunca vin a ningún destes enriques polo blogmillo e que a pesares de que aínda hai xente que procura a deneno.net, o tempo vai rápido de máis na rede, tanto que hai xente que non coñece todonada.com… por certo, alguén viu a bolaextra?

Ao final vai ter razón desorde con isto da moda dos putos blós; a cousa pinta mal, segundo o beizonómetro seica estamos en beizón 4 e subindo pero, aínda así, non chega nin a aprobado.

Estamos en beizón 4

Para quen a estas alturas non saiba, o beizonómetro é un índice que mide a prosperidade da cultura, da sociedade e mais da internet galega segundo as veces que a palabra “beizóns” aparece no Brétemas na última semana…

E falando de índices, os que crean ou gusten de relevancias, saiban que marcus xa non está no top20.


5 Responses to “Estamos en beizón 4”

  • Manuel Rivas Says:

    Ó bolaextra xa o levo botando en falta un tempo, pero seica segue desaparecido (espero que non fose nada).

  • Modesto Says:

    Abeizoados sexamos todos!

  • Enrique Castro Says:

    Pois non será porque non o dixen de entrar, ( por exemplo en Blogaliza) e a resposta sempre é a siguinte:

    “¿vas a escribir en galego?”

    Eu sempre contesto o mesmo…”vou a escribir como me pete”.

    ¿Estares no blogomillo e sinónimo de escribir en galego, ou de ser, vivir, sentir en galego, con independencia da fala?

    ¡digo eu!

    Unha aperta.

  • opaco Says:

    Con independencia da fala ou da escrita, estar no blogmillo é participar nunha rede, na que a maior parte está escrita en galego, pero participar.
    O de entrar en Blogaliza, non sei se é requisito escribir en galego, pero é a súa opción e paréceme boa. Saiba que para facelo como a un lle pete, hai sitios mellores.
    Bicos

  • ghanito Says:

    Concordo, opaco, que cada un escriba como mellor lle pareza, pero non se pode querer capar e asubiar.

Leave a Reply