Nose down
19 Outubro 2006
Fago por esquecer o choio dunha semana esgotadora, séntome a fedellar e os minutos de desconexión convértense en… non o quero nin pensar.
Deixo voar a imaxinación e coa axuda do flash, nunha arroutada vintage tuneo o carro, un Escaravello, oval, modelo do 56, cunhas llantas BRM negras de 15 polegadas, suspensións rebaixadas un chisquiño, teito solar e parasol.

Para os puristas sería un sacrilexio facerlle iso a un auténtico vintage, anque os máis arroutos dirían que non ten o nariz baixo abondo para chegar a ser un cal look, así que deixémos que me saíu un resto-cal look mantendo estilo vintage. Foi o elixir as jantes de liga leve cando me perdín no tempo, probando, montando e dubidando entre unhas Empi de 5 brazos, unhas Fuchs de Porsche e as BRM.
Así que se queres, tamén podes vir por acó para ir para deseñar o teu propio escaravello, ou carocha, escarabajo, fusca,… chámalle como queiras.
Outro día, que teña aínda menos tempo, xa deseñarei un Porsche, de preferencia un 911 do 63 ou un 356, ou quizais me poña cunha Kombi split window de vintetrés xanelas e vidros safari…
Outubro 20th, 2006 at 5:58 pm
jejejeje, si vas o DF, ves unhos modelos que superann iso.
o asiento do copiloto fora…buen, q conversaciós.
bicos!!!!
Outubro 20th, 2006 at 9:41 pm
os taxistas, aos seus vochos (como lle chaman eles ao escaravello) quítanlle o asento para poder pasar ben para atrás; hehe, as conversacións podo imaxinalas :)