Herr Ferreiro
11 Outubro 2006
Limpando caixiñas dou coa dun VW Passat con toda a carrocería pintada cos nomes dos traballadores que formaban a súa liña de montaxe.
A comezos dos noventa, a Volkswagen celebraba os números millonarios dos seus Golf e Passat dese xeito.

Lembro que xa non buscaba nada, o meu non estaba e as letras ían pasando pola retina. Pareceume ver un ferreiro, parei, e tireille unha foto xunto cos fernandes.
P.S. A foto foi tirada nun museu, e visto que non me vai roubar ancho de banda, o cacho que vai desde Feldmann a Fricke, aquí, con máis detalle, cos seus Fernandes e Fernández.
Outubro 11th, 2006 at 11:07 pm
Moitos Herr Ferreiro, Mister Ferreiro, Monsieur Ferreiro e tamén Señores Ferreiro houbo e hai espallados polo mundo.
Moitos non lembran isto cando pensan nos señores Dieng, Sebore, Perhuvkin, Li, e tantos outros novos galegos.
Outubro 12th, 2006 at 8:35 pm
…dende logo, o Ferreira das Neves… era daquí fixo!… curioso… :)
Outubro 12th, 2006 at 9:59 pm
ghanito, como lle dixo o stanley ao livingstone, dígolle: senhor Ferreiro, presumo :)
dorfun, daquí fixo! calquera lugar entre Espasante e Vila Nova de Gaia
Outubro 14th, 2006 at 11:42 pm
Tantos Ferreiros mercaron xa un W? Vaia!
Outubro 15th, 2006 at 2:15 am
uff, cando vexo esas listas parencenme as de shiler…iso, si, canto pequeno mundo co meu poliño.
bicos