Monthly Archives: Outubro 2006

Na feira

En lugar de irmos á praia, como mandaba meteogalicia, pasamos baixo teito un domingo diferente. Pola mañá, baixo teito de lona, logo aberto ao sol; despois o teito da cociña foi o que albergou as experiencias de mamá-metida-a-chef™ e as conversas cunha agradable inesperada visita. E, como o plan e a escusa era ir cheirar

Estradas, non as podemos amañar por ti

Disque de cada tres quilómetros percorridos por estrada polos usuarios das estradas españolas, considérase que un deles está en bo estado, noutro quilómetro deses tres a súa conservación é aceptable e, no último, o seu estado é malo. O pdf do informe do estado das estradas, feito pola Asociación Española de la Carretera, que agrupa

/names #blogmillo

Lendo aos desaparecidos que teño no bloglines, cheguei a un post que, de entrada, me pedía comentario, quizais apuntando algún detalle técnico. Entón decidín anotar algo para escribir acó pola noite e, agora na noite, resulta imposible facer algo con xeito, e é que non é plan traer choio para casa. Por certo, eu son

Equilibrios

Coa ansia de que chegase o sábado, boto unha ollada atrás e pregúntome como é que se dá feito. Debe ser cuestión de equilibrio, pero, ás veces, a vértixe está aí e hai un gran rebumbio no sistema nervioso.

Nose down

Fago por esquecer o choio dunha semana esgotadora, séntome a fedellar e os minutos de desconexión convértense en… non o quero nin pensar. Deixo voar a imaxinación e coa axuda do flash, nunha arroutada vintage tuneo o carro, un Escaravello, oval, modelo do 56, cunhas llantas BRM negras de 15 polegadas, suspensións rebaixadas un chisquiño,

Going mobile

Á vista de como cambiou a rede e os aparellos desde os que nos conectamos a ela nos últimos dez anos, non vou moi desencamiñado se penso que nos próximos dez anos ha cambiar moito máis. Así, a xeración que anda aínda coa chupeta na boca estará interconectada como ninguén o estivo antes; saltarán por

Herr Ferreiro

Limpando caixiñas dou coa dun VW Passat con toda a carrocería pintada cos nomes dos traballadores que formaban a súa liña de montaxe. A comezos dos noventa, a Volkswagen celebraba os números millonarios dos seus Golf e Passat dese xeito. Lembro que xa non buscaba nada, o meu non estaba e as letras ían pasando