Mensaxe de erro

Xusto cando se me abre o mundo diante dos ollos a novas experiencias televisivas, o Humy escachárrase. Disque o erro vén do firmware do aparello, e se ese for o motivo do fallo podería ter fácil solución. E aí estou, cun cabo null-modem no que, para o conectar no outro extremo, non teño un miserento porto serie… e a aquela ansia por coller o aparello baixo o brazo, metelo no coche e levalo onde a un pc, xa lle pasou o tempo.

Humax NACI5700

De paso, tiña gana de botarlle un ollo a un novo canal, o CLP TV, Canal de Língua Portuguesa, só por ver se se acordaban de nós. Un canal que vai a emitir en aberto polo Astra, e que pasará a ser o segundo canal portugués a emitir de balde vía satélite, xunto coa RTPi.

Quizais sexa o momento indicado para soñar