Кёнигсберг

A pesares do que me anuncian, o meu interlocutor fala unha mistura de inglés ao 50%, alemán a un 30% e para o resto engádelle un pouco de neerlandés, que seica o aprendeu por correspondencia, e outro tanto de español e ruso. A comunicación é máis ou menos fluída e as mensaxes chegan con precisión. O que máis me sorprende é a línguaxe dos xestos, non parecen congruentes co que fala. Por un par de veces fai un aceno de cortar a pirola coa súa man dereita facendo de tesouras e… non entendo, pero el aproba co que di coa súa boca e chegamos ben logo a un acordo.

Disque vén de Kaliningrado, entón, pregúntolle se aprendeu a falar alemán aló, en Königsberg, e dime que o aprendeu en Bremerhaven, onde estivo a traballar cinco anos, pero aínda que vive no enclave báltico de Rusia, considérase de San Petersburgo, do Leningrado mesmo no que naceu el, ou do Petrogrado mesmo no que naceron os seus pais. Volve a Kaliningrado para dicirme que foi viciño da Putina… e lembrarme que alí son rusos. Que os anos que tiveron algo de alemáns están lonxe.

Alemanha após 1945

Con esta historia, da que algo xa sabía, coméntolle que deixaron de ser prusianos ata ben pouco. Fala entón en que Stalin os deixara morrer a todos antes de deportar aos poucos que sobreviviron á guerra, e cando comenta a fame e as doenzas que había daquela, fai un novo aceno, e facendo como se cortase o pescozo cunha navalla fala da fame e doenzas que había daquela.

Marcho de alí remoendo en que os acenos facíaos con tres frases de atraso. Ao chegar a casa, pretendo ler algo sobre os prusianos e a linguaxe corporal nas diferentes culturas, pero a agonía destes días fai que á volta duns segundos estea botando unhas risadas co que, no chuza, se convertiría no que parece un patético autobombo dun xornalista metido a crítico, e que atopei na do Escolar.


2 Responses to “Кёнигсберг”

  • F. Miguez Says:

    Non sei que sistema operativo usas, Opaco, pero eu son típico usuario tristón que usa Windows XP (polo de agora) e, en base á miña experiencia, avísoche que este SO se leva bastante mal co alfabeto cirílico. Moito tempo despois, aínda se me desconfigura o teclado de cando en vez.
    Por certo, xente moi curiosa, esa da europa nor-oriental, que eu admiro moito. (Espero que non sexa porque non coñezo a ningún personalmente.)

  • opaco Says:

    Aquí non ten problema, ao utilizar UTF-8 no blo, tes a posibilidade de expresarte en calquera língua, co seu set de caracteres incluido, xa for ruso, grego, serbio, xaponés,… e lelo do mesmo xeito.

Leave a Reply