As Encrobas, desde o ceo
Nestas datas nos medios non paran de lembrarnos un triste aniversario, anque tamén son datas doutro aniversario aínda máis destructivo que aquel.
E para aniversarios destructivos, o que fará trinta anos o próximo quince de febreiro. Na unidade didáctica que nos plantexa Pereiro, amósanos un avance do documental de Xosé Bocixa e que ten prevista a súa estrea en novembro.

Foi a historia dun pobo que non aceptou os catro pesos que lles daba fenosa por poñelos fóra e quedar co tesouro sobre o que vivían. Os das Encrobas deron a volta ao mundo berrando diante da Garda Civil o de Esta terra é nosa e nón de fenosa.
E hoxe, a mina vai esgotándose,
·
Vemos o mapa e vemos o avance do documental. O baleiro que deixou esta agresión no val mide uns tres mil metros de longo por mil metros máis de ancho. O baleiro que deixou este buraco nos habitantes das Encrobas, ese, non hai xeito de medilo.