Pelouriño que fala

Ao seu redor hai obxetos de todas as cores e tamaños. Á procura de nomes e adxetivos é no que nos anda metido opedro nestas alturas. Sen paraxe saen palabras pola súa boca. Fala e fala, trábase e vólvese trabar, fai pausas para cavilar e cando atopa un R, vibra entre ratos, perros e ralis.

Ao chegar a casa, xa se vía que mamá fixera unha parada no barbeiro, anque a opedro non lle faltou tempo para contarmo, e así mo dixo a súa nai, que tivera que ir correndo atrás del mentres el dicía,

Corre, mami

para, ao entrar pola porta, berrar,

Corta pelo.

tesouras de barbeiro

Uns minutos máis tarde, corría pola casa un vrrrrruuummmmm que se alonxaba da cociña. Fun onde el e dime,

Bota humo a escape…

aquí fixo unha pausa desas para cavilar, e engade, como a quen que lle esquecía algo,

…tubo. Corre muto.

Logo veu a bañeira, o leite e mais o conto, e cando imos comprobar se a lúa estaba aló onde quedara onte, di,

Lúa nonai… néboa.

Só con lembralo sinto un brillo nos ollos que ninguén sería quen de ver. Lindos soños, pelouriño. Isto está a ser toda unha experiencia.

5 Comments

Deixa unha resposta

Your email is never shared.Required fields are marked *