3108. O blogomilhinho

31 Agosto 2006

Coñecendo un pouco de leet está ben claro o porque desta data, o trinta e un de agosto, para escollelo como día dos blos, e así, coma un virus, vaise estendendo pola rede abaixo, como outro meme máis de tantos.

Con tal motivo e máis da boa nova destes días nun dos blos máis caralludos do blogmillo vou aproveitar, esquecéndome das recomendacións do meme, para poñer unhas ligazóns a eses cativos que naceron nesta terra (e algún que aínda está por nacer) e que chegaron cun blo baixo o brazo para conformar unha rede a xeito de blogomilhinho. Estes son,

O do pelacho, que apenas sabendo escribir e vendo que os seus pais tiñan un blo de seu, quixo tamén ir gardando as súas cousiñas na súa caixa dos tesouros.

O do Xan, un pouquiño máis novo que opedro e no que os seus pais van amosándonos como se vai facendo un home, con teleblog incluído.

O do Roi, un, polo de agora, pequeno diario da súa curta traxectoria vital posto baixo o seu brazo polo seu tío.

O do Leo, no que o seu pai, o acedre, vén contando os días que faltan para que estea cos seus.

Si, son catro pero é o que hai.

opedro no elevador

Quizais noutros espazos tan próximos e, á vez, tan lonxanos estea o que fai o número cinco. Se o averiguas, cóntanolo.

Foron 5 que dixeron... to “3108. O blogomilhinho”

  1. leco Says:

    Pedro, es un neno ben lindo!
    Beixiños :)

  2. paideleo Says:

    Graciñas polas túas palabras e por recomendar o meu blogo no blogday.
    Un saúdo.

  3. Montrovita Says:

    Gracias pola inclusión do blo de Roi.

    Ando á procura do número cinco.

  4. muralla Says:

    Qué cara de pillabán!!!! ¡Guapo!
    Bicos.

Trackbacks/Pingbacks

  1. Opaco » Blog Archive » Chegada dun bebé, papeis e matrimonio

Fala sen medo