Ata o de agora Geowalk viña funcionando como unha web que, utilizando os mapas do google, fornecía sobre eses mapas información relevante para o viaxeiro, de xeito que apenas cun doble click nun punto calquera do mapa desprega información recollida da wikipedia, fotografías do flickr a conta dos seus tags e mais información dos hoteles desa zona.
Nestes días pasados actualizaron cun novo servizo descuberto no googlemapsmania, o world airport explorer, que disque amosa todos os aeroportos do mundo. Tiña moi boa pinta, pero avisado nos comentarios fun ver e atopei cousas ben curiosas.
E é que a pesares de que o aeroporto de Peinador ocupa terreos dos concellos de Mos, Redondela e Vigo, nunca antes vira o de aeroporto de Redondela.

Ten tres línguas a dispor do usuario, alemán, inglés e francés, que só serven para liar máis o conto en caso de dúbidas, así, para ver os aeroportos galegos, se escollemos língua, imos a europa, logo a europa do sur e, ao fin, a españa, ao facer click no aeroporto de Alvedro só acerta a versión inglesa, a versión alemá localízao como de Ferrol e a versión francesa dinos que é o aeroporto de Mugardos, ademáis de situalo en pleno porto da Coruña.
Das tres linguas parecería que o inglés é a língua máis fiable, pero non habería que esquecer que co aeroporto de Vigo só é quen de dar a versión francesa.
Na ubicación dos aeroportos fallan en practicamente todas as marcas dos mapas, como ao ubicar o de Labacolla fóra de Santiago pero en dirección oposta a onde debería estar.
Iso si, desde o momento que o aeroporto de Madrid-Barajas pode converterse no de Coslada, os ourensáns todos deberían saber que, por mor de todos estes servizos machucados dos mapas de google, a súa provincia xa ten aeroporto de Ourense de seu, e está no mesmiño centro de Chaves.
Vaia, xa nos descubriron. O certo é que levábamos máis de un século agochándoo, pero é así: Vigo non é máis que o apéndice económico e industrial de Redondela. Non sei si por vivir máis tranquilos ou por qué, os redondeláns de antano decidiron cederlle a Vigo o protagonismo, amén do barullo, a contaminación e os politiqueos, pero Geowalk está no certo, o aeroporto é de Redondela, que é a capital local de facto. De feito, Santiago ten a capitalidade autonómica porque, daquela, parecía distancia suficiente (dende a nosa vila) para non ter nin que ver ós políticos diante. :D
«red-ondela te da aaaaalas!»
Chuzado ;-)
http://chuza.org/historia/aeroporto-de-redondela/