As estrelas

Con Plutón desaparecido do sistema solar e degradado a planeta anano, opedro busca as estrelas polo ceo e di,

nonai

e mentres lle digo que non hai porque aquí hai moita luz, decátome de que é ben cedo para falarlle de contaminación luminosa.

Ceo desde Nerga

Con máis de vinteseis meses de vida sorpréndenos lembrando o nome das persoas coas que estivo, ou do que fixo, ou do que viu.

Aló si que se vían estrelas.

3 thoughts on “As estrelas

  1. A pelacha tamén nos sorprende a cotío a preguntarnos polos amigos, e sobre todo polos fillos dos amigos, que hai tempo que non vemos :)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *