Artefacto incendiario

Estes días o Chuza! pasou ser unha fonte de información fundamental para seguir as pegadas do que se está a falar estes días,

nube de tags do chuza

e foi alí onde din cunha nova da Voz,

Trátase dun tubo unido a un cable de aceiro do que penden catro fíos suxeitos dunha especie de paracaídas.

Disque se anda como un pato, nada como un parrulo e fai cuac é un… artefacto incendiario.

Pois claro que é incendiario, pero coma os mistos ou o home facho, a foto corresponde a un foguete con paraquedas, ou, se se quixer, un sinal de socorro. Deseñado para salvar vidas, cunha intensidade de 30.000 cd sobe ata os trescentos metros e se mantén aceso máis de corenta segundos.

Outro foguete

Un mariñeiro só lanzaría un destes en caso de grande necesidade, por salvar a vida. Pero en terra é outro conto.

One Comment

Deixa unha resposta

Your email is never shared.Required fields are marked *