Monthly Archives: Agosto 2006

3108. O blogomilhinho

Coñecendo un pouco de leet está ben claro o porque desta data, o trinta e un de agosto, para escollelo como día dos blos, e así, coma un virus, vaise estendendo pola rede abaixo, como outro meme máis de tantos. Con tal motivo e máis da boa nova destes días nun dos blos máis caralludos

Aeroporto de Redondela

Ata o de agora Geowalk viña funcionando como unha web que, utilizando os mapas do google, fornecía sobre eses mapas información relevante para o viaxeiro, de xeito que apenas cun doble click nun punto calquera do mapa desprega información recollida da wikipedia, fotografías do flickr a conta dos seus tags e mais información dos hoteles

As estrelas

Con Plutón desaparecido do sistema solar e degradado a planeta anano, opedro busca as estrelas polo ceo e di, nonai e mentres lle digo que non hai porque aquí hai moita luz, decátome de que é ben cedo para falarlle de contaminación luminosa. Con máis de vinteseis meses de vida sorpréndenos lembrando o nome das

Autofumat

Desde que uso as sementes rss para ler os máis dos blos, cada certo tempo adícolle un tempo a facer limpeza e desbrozar nas que deixaron de publicar ou nas que publican de máis. E como os equipos que sempre están a piques de baixar de categoría, lembro en todas a un blo que se

Nice background

A pesares de que os novos viciños están a afogar o son das ondas a base de Amaral e o acordar está máis próximo, estase ben aquí. Conxuguemos, eu son feliz, ela é feliz e el é máis feliz, se cadra. E mañá, antes de cambiar o fondo, temos outra sesión de praia. E agora

Time out

Disque coa choiva notarei a falta de wifi, ou do umts. Pero polo de agora xa levamos catro días na praia case incomunicados e só se ve algún barco fondeado e o sol marchando por atrás das nuves que entran desde o Atlántico, e que nos tapan as vistas das perseidas como as de onte

Artefacto incendiario

Estes días o Chuza! pasou ser unha fonte de información fundamental para seguir as pegadas do que se está a falar estes días, e foi alí onde din cunha nova da Voz, Trátase dun tubo unido a un cable de aceiro do que penden catro fíos suxeitos dunha especie de paracaídas. Disque se anda como