Love cars

4 Xullo 2006

Despois da mala fama que lle crearon ao Simca 1000, veño de saber polo motorpasión da resposta a cal é o mellor carro para chingar nel. E é que os de autocity fixeron unha reportaxe con candansúa ficha para cada coche, medicións e, quizais por falta de modelos reais, fotos con bonecos hichables, e incluso un making of. Non vou discutir a metodoloxía da proba, sobre todo, á vista de que, en edicións anteriores, o actual vencedor, o Fiat Stilo, era superado por outros modelos que tamén participaron este ano.

De entre os primeiros clasificados non me estraña nada o posto obtido polo Renault Twingo, todo un exemplo de modularidade para un coche tan pequeno e veterán, anque sen nada que facer frente a uns asentos do Stilo que se inclinan ata 160º E aínda que na proba só se limitan a compactos, outro conto sería se participasen a California, ou mesmo o Maybach 62, cuns asentos traseiros con función de masaxe incorporada.

os asentos do maybach

Por certo, a famosa lola só acadou o posto dezaoito e parece que van ser certas as incomodidades das que peca, e aquí si que temos motivos para preguntar porque lle dirán amor cando realmente queren dicir sexo?

Foron 2 que dixeron... to “Love cars”

  1. leco Says:

    Moi bo! :D

  2. peke Says:

    Uf! Entendo iso de chingar nun coche, pero nunca o probei: son demasiado cómoda. ;)

Trackbacks/Pingbacks

Fala sen medo