Monthly Archives: Xullo 2006

Nova referencia

Está a causar sensación nunha chea de conversacións femininas. É o anel vibrador de durex e, claro, como é que está á venda en farmacias, xa non existe o tabú aquel de que é algo que saiu dun sex shop, é dicir, non é para pervertidos, así que os que na vida entrarían nun sex

Combustión

Descobertas as claves da adicción, resulta que o problema podería estar no papel. E mentres agardo pista para aterrar, penso en contar das excelencias do ocb premium, pero agardo paralisado diante do teclado a pensar nos castelos de area, os pozos na area, os tuneis na area, as bolas de area, as carreiras na area,…

Onanistas anónimos

O debate esixe a cara descuberta, o nome transparente e a palabra lúcida e limpa. Non sei se o Fernán-Vello irá á próxima xantanza; en todo caso debe sabelo dorfun, que é quen leva a loxística do choio, pero é a ocasión para comer, beber, falar, ou calquera outra cousa que se che ocorra con

Hematoma

Cando opedriño se ten caido e fai dano, témoslle dito que rompeu o obxeto contra o que bate. Ao chegar, el no colo, cos ollos en bágoas e cun corno ben grande na fronte. Baixa do colo ás presas, corre descalciño e co cu ao aire mirando por que eu non lle quede atrás e,

Longa infancia

Ao chegar ao choio unha chamada dime que o que nunca había de chegar aos trece anos de idade está loitando por vivir, aínda que agora ten oitenta e oito e é a primeira vez que durme nun hospital. Toda a vida foi un neno, un neno de un ano ao que unha meninxite nun

Gatocán

Grafiti: é a designación para as diferentes pinturas feitas em muros e paredes na rúa. Gatocán: persoa que persiste no que fai sen que iso implique ningún beneficio para a sociedade ou ecosistema no que se atope. Rúa Gaiteiro Ricardo Portela: Esquezo a cámara e tiro unha foto coa cámara da Treo, apenas utilizada para

Catro días de memoria

Se chega a ser polo doutor Rápido, mamá estaría agora aturando o posoperatorio, pero a doutora Prudente preferiu agardar e acertou. Bótanlle a culpa a un virus, algo que seica é común cando descoñecen a causa, aínda que o importante é que o apéndice segue aí e a apendicite non foi tal. A alta ía