Dous aniños dise ben logo.
Fóra ía moita calor, dentro, a temperatura mantíñase estable. O intre máis fermoso, o de ollármonos, un fronte ao outro, alí, na cama, como di agora el dos bebés que están no berce, levou a un bico e un aloumiño. Pasou o tempo e aí o está, inesquecible.

Nin a nosa intuición sabía sequera que nos había de traer ata acó. Fíxose neno por mor do tempo e mais a carne, das palabras e mais dos bicos, das apertas e mais dos choros. E foi deixando un pouso de sensacións nas nosas memorias.
Mamá ri, eu río e el tamén ri. Pecho os ollos e vexo os seus dentiños todos, habitantes desa boca grande. Confirmo as risadas botadas estes dous anos botando unha ollada atrás, indo polas páxinas que trouxemos da casa vella, sigo lendo e levo unha sorpresa; a casa onde vivían os comentarios que fostes deixando aqueles días aínda están alí. Confirmo que era mentira, neste caso, as palabras non se foron co vento.

Moitos parabéns para opedriño, é o teu aniversario e es a nosa alegría, hoxe é un día como outro calquera,outro día máis de festa… tomádelle outra mentres botamos un baile.
P.S. o baile é un pouco pesado de máis, case 40MB de agradecemento por estarmos aquí e agora, cos bos e xenerosos, nun video no que abrimos as portas da nosa casa, mais… aos imbéciles e escuros apenas dicirlle que apodrezan na súa merda. Nonsí, mamá?
Parabens para o Pedrinho.
Parabéns e dous tiróns de orellas. :)
Parabens e coidado que non se vos indixeste a torta
Pois que siga a festa para opedriño e para o resto da familia. E para nós tamén, claro! Moitos parabéns!
Agora si podemos dicilo rotundamente: opedrinho parécese ao pai! ;-) Parabéns, moitos parabéns.
Movida no corpo non lle falta ao rapaz. ;-) :-) Moitos parabéns para opedriño :-)
ai q chego tarde: muacsssssssssss!!!parbéns, felicidades…riete sempre.
(eu tamen estuven, é un orgullo estar o mismo día ca tí :))
Que gosto de sorriso! parabéns!
…que pícaro este… que lle dea ben ás lambetadas, que eses dentes han durar pouco…
Que riquiño nesa foto!
:-)
Eu si que chego tardísimo. É o que pasa cando se di, fago nonseiqué e felicítoo.
Parabéns para es opedriño tan lindísomo que tedes.
Só hai un par de aniños e uns días que andabamos a comentar entre o millo o pouquiño que nos quedaba a uns e outros para verlles as caras aos nosos cachorros e xa temos unhas persoíñas marabillosas entre nós.
Que sigades a ser moi felices :)
Sinto chegar tan tarde, pero mándovos un milleiro de bicos os tres.
[...] Tres anos que pasaron rápido, moi rápido, tres anos nos que gozamos de cada un dos segundos que compartimos a súa enerxía vendo a miragre da vida aprendendo de todo o que nos rodea, tres anos de bicos nos que non lembramos outra vida mais que esta. [...]