Douscentos vinte litros de gasoil e a transparencia do parabrisas apagada por centos de insectos vén sendo moito choio, do que din recuperado a base de sol, praia e boa compañía nun fin de semana máis longo do habitual.
E facendo un exercicio de desconexión maxistral esquecendo calquera detalle paralaboral, choco coa realidade lembrando a serie de chamadas recibidas o derradeiro venres para que lles dese razón de ir á Bundesrepublik ou ben a semana que vén, ou adiando para o mes de setembro. Mamá prefire que vaia agora, así que comezo a procurar por avións que me leven aló e por carros me me dean independencia.

Só van ser uns días pero non podo evitar pensar no noso cachorriño… case que preferiría ir en setembro, que viaxasen comigo, e aló e sen facer moitos quilómetros, ir á Documenta de Kassel e levar a opedro a ver ao frautista de Hameln e mais ao barón de Münchhausen. E a semana nin sequera comezou e xa estou canso de só cavilar todo o que hai por facer.
No Comments